Skip to main content

FRIAXE

Primeira película de Zorra (Antonio Raposo) que adapta a poesía de Himnos da noite, do poeta alemán Novalis , a un formato cómico , levándoas a un ambiente futurista de ciencia ficción. Raposa e Yolanda Castaño propoñen nesta banda deseñada unha viaxe espacial ata un futuro incerto navegando polos versos de Novalis
Non é oxímoro dicir que a noite do espazo exterior e de Novalis poden seguir deitando luces.
En darlles novos lustres consiste explorar novas interpretacións capaces de levalas a novos horizontes.

Friaxe (textos de Novalis traducidos por Yolanda Castaño)

Unha proposta audaz e, ao mesmo tempo, altamente satisfactoria é esta que propuxo Demo Editorial ao dar ao prelo unha intepretación, en banda deseñada, e neste caso en clave de ficción científica, dun corpus textual do poeta romántico alemán Novalis tirado dos seus célebres Himnos á noite -traducidos por Jaime Santoro, en 1997 para Espiral Maior- e vertidos á nosa lingua nesta ocasión, con excelencia e inequívoco acerto, pola poeta Yolanda Castaño.

Fonte: Caderno da crítica por Ramón Nicolás

Ficha técnica de FRIAXE

Autorxs: Antonio Reboredo
Traducción e Ilustración:Raposa (Antonio Reboredo) e Yolanda Castaño
Editorial: DEMO EDITORIAL
Idioma: GALEGO
Encuadernación: Tapa branda
ISBN: 9788412249118
Ano de edición: 2020
COLECCIÓN: Häinös
XÉNERO: Ciencia ficción
Nº DE PÁGINAS: 64, blanco y negro
Ligazón afiliada Mercar Libro

Banda deseñada

  • Visto: 304