Coñece "Paprika"
Unha nova sección para partillar cantigas politicamente incorrectas... esas que chamamos "picantes" ou "porcas" ou directamente inclasificábeis.
Iso si, lembra que no Volai-Vai non gostamos de estandarizar estereotipos de xénero nin divulgar contidos denigrantes para a muller ou para calquera grupo social. Se vas compartir algunha cantiga á que non te poidas resistir polo seu inxenio, pero que conleve valores chungos -xa sabes a que tipo de cuestións nos referimos-, recomendámosche que fagas unha adaptación: moitas veces, de xeito incríbel, só con mudar un pronome ou algunha referencia podemos eliminar esas compoñentes, mantendo intacto o inxenio da cantiga... En todo caso, revisaremos e analizaremos coidadosamente as cantigas desta sección, e cando teñamos dúbidas compartiremos convosco o debate. Á fin e ao cabo é traballo de todas nós revisar a tradición para adaptala á sociedade que queiramos construir!
Entrar

Sabendo isto, xa podes divertirte e darlle o uso que mellor estimes.
Quérome rexistrar!Entrar
- Visto: 271