A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove esta iniciativa na que se poden ver outros tantos autores e autoras do país a leren framentos significativos das súas propias obras.
A canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística acolle desde este 5 de abril as cen pezas que compoñen o proxecto A literatura galega nas súas voces.