Skip to main content

Compañía

Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
Amasamos un teatro de creación propia e, por iso, chamámonos A panadaría, porque o noso é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cos elementos máis básicos, co que veu antes e co que está por chegar.
  • As que limpan

    Son As que lim- pan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turís- tico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.
    Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

    Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

  • Elisa e Marcela

    Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
    As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.

    Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

  • PANAMERICANA

    PANAMERICANA é unha comedia con sabor a guiso tropical. Un musical no que tres actrices interpretan 24 personaxes.
    Miranda Celia del Río, é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu laberíntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.
    Panamericana fala dun sistema perverso e dos soños rotos dende unha óptica optimista e divertida.

    Unha festa teatral de cor, pluma e música.

Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chamámonos A panadaría, para alimentar corpo e alma.