Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entretecidas. 1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. 1929, o matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vencello que xa non se entende.
Producida por Retrincos A.I.E. e distribuída por Atalante, Antes de nós conta coa participación da Televisión da Galiza, a subvención da Xunta da Galiza e do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e a colaboración da Deputación de Pontevedra, a Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e o Concello de Pontevedra.