Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación,
investigación e divulgación, integrado pola etnomusicóloga
Xulia Feixoo e o
compilador
Guillerme Ignacio, que deu os seus primeiros pasos a fins do ano
2016. Partindo do traballo de campo buscan profundizar no coñecemento das
músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as
propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de
resocialización de todo ese patrimonio. Froito importante deste traballo é o seu
primeiro libro conxunto,
“Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral”
(Ed.
ACentral Folque, col. A chave mestra, 2017). No ano 2022 presentarán un
ambicioso libro monográfico sobre o pandeiro cadrado na Galiza.