Desta volta A Regueifa Plataforma foi até Mourente, berce do pai da música Dance galegófona,
Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente, para filmar unha sesión onde transmutou en
crooner tropicalista para agasallarnos con catro temas remesturados ad hoc para a sesións nos que baixou o tempo a uns BPMs moito máis acaídos para desfrutar do solpor nunha terraza
chill das Rías Baixas que para dalo todo na pista de baile. Unha perfecta banda sonora para animar este húmido inverno interminábel e petiscar o que será o seu vindeiro disco longo que verá a luz nalgún momento deste ano que comeza.