Skip to main content

O Rabelo e Peter Petrowski

visitan o Forno do Forte en Malpica.

Un proxeto da Área de Patrimonio
Deputación Provincial A Coruña

A olaría de Buño coma selo artístico de toda unha comarca. O Forno do Fortecomo un símbolo de construción que serviu como vivenda e taller a ducias de familias de oleiros. O Rabelo interpreta neste forno o seu tema III, "Muinheira", unha cantiga tradicional mesturada cunha base tecno. Un tema que pretende romper cos cánones sociais establecidos, sen esquecer a nosa tradición e o papel que a familia desempeña no noso desenvolvemento como individuos. Unha antiga casa de oleiros que serviu durante décadas como sustento de moitas familias, e un forno que segue vivo e forma parte do #PatrimonioInmaterial da veciñanza da Costa da Morte.