O RONSEL DO MAR DE MANUEL PURRO
Manuel González Ferradás "Purro", o último carpinteiro de ribeira dos asteleiros da Banda do Río.
Este documental elaborado por Adarme Visual é unha idea orixinal do Concello de Bueu dentro do proxecto da Semana da Cultura Mariñeira. No mesmo xunto a Purro interveñen Salvador Castro, Arturo Cidrás, Victor Domínguez, a Asociación Cultural Os Galos, Os Mulos e Carlos González.
A iniciativa está cofinanciada polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (2014-2020)-Consellería do Mar Xunta de Galicia-Fondo Europeo Marítimo e de pesca (FEMP) da Unión Europea. O mesmo leva asociado un catálogo físico que contén ademais unha memoria con este proxecto. A tiraxe é de 1.000 exemplares.