Ailá
Os das xaneiras
Tema recollido en Moscoxo (Pazos de Borbén), Pontevedra, 1990.
(Extracto do disco Caloeiriña das Bouzas. Pallamallada. 1997)
En realidade, o que hoxe chamamos ciclo de Nadal, non é máis que unha aglomeración de festas que noutros tempos se celebraban ao longo do ano e, por uns ou outros motivos foron xuntándose as datas 24 de decembro-6 de xaneiro.
Das diferentes celebracións que compoñen o ciclo “nadais, rondas, aninovos, manueles, xaneiras, candelarias, reis profanos, reis liturxicos” tan só os nadais e os reis teñen pleno carácter relixioso (cristián).
Das diferentes celebracións que compoñen o ciclo “nadais, rondas, aninovos, manueles, xaneiras, candelarias, reis profanos, reis liturxicos” tan só os nadais e os reis teñen pleno carácter relixioso (cristián).
Así, a petición dos aguinaldos, que hoxe aparecen xunguidos como corpo final das cantigas do Ciclo, foron noutro tempo cancións independentes, e a súa antigüedade e moi superior a calqueira outra actividade musical destas datas.
Na Galiza os aguinaldos como cancións independentes son un xénero practicamente perdido.
Produción xeral e executiva: AILÁ e MIRMIDÓN. Arranxos, produción e dirección musical: AILÁ Ángela Carou (voz ) Manuele Pardo Lareo (voz) Abel Gañete (trompeta e fliscorno) Xan Pampín (acordeón e bombo). Estudio de gravación: CARNICERÍA DO SON. Enxeñeiros de gravación: Roberto Ledesma (AATIA) e Abel Gañete. Mestura: Roberto Ledesma (AATIA). Masterización: Roberto Ledesma (AATIA). Deseño gráfico e ilustración da portada: Gloria Pavía. Convidados especiais: Pedro Pascual (Mandolina, guitarra eléctrica, guitarra acústica e guitarra española) Antía Vázquez (Voz). Agradecemento especial a Carlos Rey polas conversas.