Perdín a miña monteira
Videoclip do tema "Perdín a miña Monteira" do disco "De cando os animais cantaban" do Trío Tres Pesos.
Felisa Segad, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer as cousas, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vieja, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Broma, ... centos de horas no escenario e miles fóra del soñando coa nosa música, con a nosa tradición.
Música tradicional de Galicia con acordeón, gaita, clarinete voces e percusións.O proxecto naceu ao longo do ano 2013 e a escena estreouse por primeira vez nas festas de San Pedro do 2014 en Santiago de Compostela. O seu primeiro traballo *Acta Fundacional* Gravouse nos estudos de Radio Gallega.