Comezou a sua andaina no 2008 co espectáculo "1punto3", que resultou premiado no certame GzCrea co segundo prémio de música e o primeiro de video-creación.
INFINITUM
último expectáculo
Xa no 2011 apresenta-se ...de infinitum, un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite: O eterno retorno. O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo.
A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas.
Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.
Integrantes do proxecto.
Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile)
Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile)
Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile)
Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile)
Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile)
Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile)
Diego Pintos (Videocreación)
Marta Verde Baqueiro (Ninja visualcode)
Cayetano Amenabar (Zanfonista)
Premios
2º posto categoría raíces-fusión FestiMADtaste 2010
2º posto categoría música certame XuventudeCrea 2010.
1º posto categoría música certame GZCrea 2008.
2º posto categoría videocreación certame GZCrea 2008