Skip to main content

Ailá

Prosas de Reis

Moitas grazas a José Luís do Pico Orjais polo seu asesoramento e traballo de investigación musical no CEUR.

Agradecemento ás nenas e nenos do CEIP Ana María Diéguez de Rianxo

Á Asociación Fogo Fátuo de Rianxo

Fragmento do Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo:

Os cantos do ciclo de Nadal levan en Rianxo o nome xenérico de Prosas. Descoñecemos a orixe deste termo. Como simple hipótese suxerimos que talvez se trate dun préstamo da liturxia relixiosa, na que a prosa era una sequencia que en certas solemnidades se dicía ou se cantaba despois do aleluia ou o tracto.

A dinámica das prosas é similar a doutros lugares da Galiza. Un grupo de mozos e mozas saen a cantar polas portas pedindo o aguinaldo . Antes de comezar , solicitan licencia e agardan a se as persoas de dentro da casa acceden ou non. Fórmanse entón dous bandos que alternativamente cantas as estrofas. Finalmente, dáse a despedidae os donos e donas da casa entreganlle aos cantores e cantoras o aguinaldo en forma de diñeiro ou especies. Todo o recadado xuntábase para facer una festa e ate para contratar a un músico, se as dávidas foran suficientemente abastadas.

As nosas prosas son a mistura de dúas versión, cantadas na altura por María Tubío, 71 anos natural do concello de Lousame, máis residente en Taragoña, e Rosa Quintáns, de 94 anos, de Ourille, hoxe xa falecida. Ambas as variantes dunha mesma prosa de Reis eran moi semellantes, o que nos permitiu reconstruir o texto completamente.

As comidas típicas do Nadal rianxeiro eran a caldeirada de bacallau e as castañas maias."
Produción xeral e executiva: AILÁ, MIRMIDÓN e CONCELLO DE RIANXO. Arranxos, produción e dirección musical: AILÁ, Ángela Carou (voz e percusións ) Manuele Pardo Lareo (voz e percusións) Abel Gañete (fliscorno) Xan Pampín (acordeón e bombo). Estudio de gravación: CARNICERÍA DO SON. Enxeñeiros de gravación: Roberto Ledesma (AATIA) e Abel Gañete. Mestura: Roberto Ledesma (AATIA). Masterización: Roberto Ledesma (AATIA). Convidada especial: Antía Ameixeiras (violino)