Skip to main content

V edición

Encontro Tradición en Feminino

Asociación de Gaiteirxs Galegxs - AGG

Recentemente, tivemos o pracer de asistir, grazas á transmisión en directo realizada pola Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos, ao "V Encontro Tradición en Femenino".
O evento destacou temáticas fascinantes sobre a transmisión do arquivo musical e a responsabilidade inerente a esta tarefa para coa comunidade.
Surgiu unha pregunta que nos instiga a reflexionar: ¿debemos manter as coplas tradicionais ou é hora de adaptalas á nosa realidade cambiante?

Xulia Feixoo proporcionou unha reflexión estimulante ao abordar a elección dos parámetros que consideramos importantes da música tradicional para a creación contemporánea. Destacou a importancia de manter un punto común para fomentar a colectividade.

As palabras de Beatriz Busto sobre os coidados e a prevención diante dos sistemas mercantilistas e transformadores de expropiación cultural resoaron profundamente. Como comunidade, como podemos unirnos para controlar estes procesos de instrumentalización?

Agradecemos a Anaïs Barbier pola súa valiosa contribución, compartindo a súa experiencia no tecido tradicional. Abordou prexuízos relacionados coa música tradicional nos procesos de creación contemporánea, destacando as barreiras que considera limitantes. Un momento destacado foi a súa representación visual, na que amplificou a sonoridade dunha recolleita musical a través dun altavoz inalámbrico conectado ao seu teléfono que resume o ambiente que se vivia.

Grazas á AGG e ás colaboracións por compartir estas enriquecedoras actividades.
Aproveitamos tamén para instar aos gobernos a mellorar as redes de comunicación en Galicia e que a RTVG proporcione recursos ilimitados para estas e outras iniciativas. A día de hoxe, aínda enfrentamos deficiencias e, ás veces, inexistencia de esta.