Ben me sabes O paxaro carpinteiro para traballar s'agacha eu tamén son carpinteiro s'estou ca miña rapaza
Ben me sabes Hai unha moza en Couso rañand'a cona dend'onte mirando para os rapaces do outro lado da ponte
Ben me sabes Se a cona tivera dentes e mordera con firmeza cantos miles de carallos quedarían sen cabeza
Ben me sabes Heiche de toca-las cunchas miña carrapucheiriña hasme tocar ti a gaita naquela carballeiriña
Ben me sabes Meniña qu'estás na cama antr'as sábanas de liño tes unha man na tetiña e a outra no paxariño