Escribíache unha carta
papel branco, tinta verde
non quero que escribas outra
quero que me veñas vere
Escribíache unha carta
papel branco, tinta verde
non quero que escribas outra
quero que me veñas vere
A Porteliña da Cruz
Debía d'estar cuberta
P'raos mociños de Doade
Cando van à Bárcia à festa
Neste lughar non hai xente
que foron alén do mar
catro vellas que quedaron
moito non han de durar
Soedades hei levar
soedades levo. levo
tamé-nas deixo quedar
O carballo que é pequeno
Tamén dá pequena a sombra
à meniña que é honrada
pouca riqueza lle abonda
Roubei na casa do cura
pensando que estaba a durmir
entrar non me foi difícil
o carallo foi saír
No río da Cavadosa
lavei a miña camisa
na pedra máis amorosa
Soedades levo, levo
levo-as no corazón
tamén as deixei quedar
no barquiño de Monzón