Skip to main content

Xota 01 (A Masusán)

Datos da recolleita
Arquivo relacionado
    • Pasei-no río p’ra aláie
      puxe-no pé no atranco
      aghora xa te vou vendo
      moza do sobreiro branco

               Ai a la la, ai a la la
               Ai a la la la l’ai la la

      Aldeíña d’Amoedo
      pequeniña porá sere
      quen non ten amores nela
      deseaba de os tere

      Veño-te ver, miña viña
      veño-te ver, meu viñedo
      veño-te ver, miña viña
      anque ch’o viño non bebo

    • Erghe o sombreiro pra riba
      que che quero ve-la cara
      que che quero preghuntare
      como vas de madrughada

      O meu amor ont’à noite
      pola miña porta andoue
      seica estaba ancomodado
      que pasou e non faloue

      Alá vai a despedida
      no aro dunha rosquilla
      despedida coma iela
      no-na dou na miña vida

Leave a comment

You are commenting as guest.