Skip to main content

14 e 15 de Agosto

III edición da Festa das Fontes no lugar do Cabo, en Castro (Cerdedo Cotobade). Feira de artesanía, inchábel acuático, postos de comida, exposicións, concertos... e moito máis!

día
:
horas
:
minutos
:
segundos
...Estamos no ano 26 da presente era.
Toda a Terra de Montes está ocupada… Toda? Non! Unha aldeíña poboada por irreductíbeis castrexos resiste, aínda e coma sempre, ao invasor. E a vida non resulta sinxela para as guarnicións invasoras de Cotobadum, Estradensia e Forcarelia...

A Festa das Fontes non é só festa nin é só fontes. A esta altura (III edición) xa se ten convertido nunha proposta senlleira na que se xuntan concertos de estilos moi variados, acitividades de lecer e espazos de convívio, exposicións, teatro e danza, apostando sempre pola posta en valor do entorno humano e natural no que nos atopamos.

A organización corre a cargo da Asociación Cultural Sons do Coto de Castro, coa colaboración doutras asociacións e colectivos da contorna, e autofinancia-se case completamente grazas aos aportes da veciñanza da zona, á venda das camisolas e rifas e ao recadado no bar da organización.

Dispoñemos, ademais, dunha zona para acampada libre e aparcadoiro para furgos, así que... non tedes excusa!

Zona de acampada

Postos de comida (con opción vegana)

Zona furgos e autocaravanas

Faladoiros e exposicións

Concertos

Proxeccións

Programa

Música · Tradición · Foliada · Encontro

  • 21:00
    MoOoM
    RIBADAFONTE
    22:30
    FURADA
    LHUSIRIA
    23:30
    XANDRE OUTEIRO
    LHUSIRIA
  • 12:30
    Ofrenda á Auga e Toque de Búcios
    RIBADAFONTE
    13:30
    SOLIMÁN PANDEIRETEIRAS
    LHUSIRIA
    🍲
    XANTAR POPULAR

    Foliada libre · Tómbola · Pinhadághia

    18:00
    ALBA DE VALES
    RIBADAFONTE
    18:20
    PASARRÚAS · OS D'AQUÍ

    Ribadafonte → Fonte de Baixo

    19:00
    MonoLelo
    FONTE DA ALDEA DE BAIXO
    19:20
    OS D'AQUÍ

    Fonte da aldea de Baixo

    19:30
    SILANDEIRAS
    FONTE DA ALDEA DE BAIXO
    19:50
    PASARRÚAS · OS D'AQUÍ

    Fonte de Baixo → Ribadafonte

    20:00
    NA OUTRA BANDA (mostra de proceso creativo)
    RIBADAFONTE
    20:20
    PASARRÚAS · OS D'AQUÍ

    Ribadafonte → Pinhadághia

    21:00
    SU GARRIDO POMBO
    LHUSIRIA
    22:00
    GARCÍA MC
    LHUSIRIA
    23:00
    DAMOCLÈS
    LHUSIRIA
    23:40
    LAMPREA + BALUMADA
    LHUSIRIA
    00:45
    BRUTAL
    LHUSIRIA
    01:30
    DJ LAKENOBAILA
    LHUSIRIA

E ademais...

  • Instalación permanente de vídeo e proxeccións.
  • Postos de artesanía e produtos ecolóxicos.
  • Servizo de bar.
  • Postos de comida.
Benvidxs à nosa aldea, Castro do Cabo.
Temos o pracer de vos convidar a unha xornada chea de música, actividades e algunha que outra sorpresa, da man da asociación Sons do Coto.

Para asegurar que todxs gocedes ao máximo, aquí tendes algunhas suxerencias importantes:

Aparcadoiro:

É mellor que aparquemos os coches e furgonetas na zona designada, que será a mesma área destinada ás autocaravanas. ver mapa
Se tedes unha furgo e queredes chegar o venres, o espazo estará tamén dispoñíbel. O evento comezará o venres ás 22:30. Importante: o acceso ao núcleo da aldea reserva-se só para residentes.

Mascotas:

Os vosos compis animais son benvidos, mais pedímosvos que os manteñades perto. A aldea está rodeada de natureza e outros animais, polo que se poderían perder... ou meter-se en líos facilmente...

Comida:

Podedes traer as vosas merendas, pero animamos-vos a probar as delicias preparadas polos nosxs cociñeirxs e cervexeirxs locais. Alén da pulpeira e churrasco, a organización encargará-se de ter tamén opción vexeta e vegana.

Programa:

A festa está deseñada para ofrecer unha experiencia inesquecíbel arredor do lugar. Preparamos un circuíto cheo de sorpresas que comeza o sábado pola mañá. Recomendámosvos chegar con tempo para non perderdes nada.

Doazóns:

O acceso à festa é gratuíto. Non obstante, atoparedes petos onde poderedes facer doazóns voluntarias, que serán utilizadas para cubrir algúns gastos dxs artistas colaboradorxs, seguro do evento, etc. É a nosa terceira edición, e os recursos son limitados, mais estamos certxs de que entre todxs poderemos xuntar pra convocar vindeiras edicións! Outro xeito de aportar e colaborar é mercando rifas para os sorteos, camisolas da organización e participando na fabulosa "Tómbola TokaSempre". Non vo-lo perdades!

Clima:

Prevese un clima moi caloroso. Asegurádevos de mantervos hidratados e considerade traer unha sombrilla... :)

¡Agardamos ver-vos alí para desfrutarmos xuntxs dun edición memorábel!

Colaboran: