Cuaderno de últimas voces
José Luis Gutiérrez e Leticia Ruifernández percorreron a Raia o Poñente zamorano-leonés escoitando as historias de vida dos seus habitantes e pintándoos no momento de contalas. O traballo consistiu en escoitar, encadrar e seleccionar as historias que lles foron confiadas e buscar a súa relación coa terra, co monte e co campo que as sosteñen.
Vinte voces e cincuenta acuarelas que retratan os rostros e os lugares onde afloran as historias pequenas que explican a maneira de pensar, de vivir, de organizarse desas comunidades. Son estas historias pequenas, ás veces cómicas, ás veces terribles, líricas ou radicalmente ferintes as que entendidas de maneira coral explican iso que chamamos cultura, modo de vida.
Vai por Maruja, María, Felipe, Leonardo, Angel, Domingo, Cristino, Dores, Pepe e Jose Luís, Edilberto, Dictino, Rosa, Pruden, Josefa e Miguel, Enrique e Dominica, Rogelio e Rafaela.
- Visto: 461