O pedido está baleiro
Volai-Vai

Volai-Vai

Aplicación de cantigas galegas. web/app

Volai-Vai é unha plataforma onde os usuarios poden partillar cantigas tradicionais galegas e ademais subir os seus eventos para seren pubicados na axenda cultural anexa.

A plataforma segue en desenvolvimento, con implementación de novas funcionalidades cada pouco tempo, coa idea de facé-la o máis versátil posíbel.
Polo de agora, alén do sistema de partillado de cantigas ("O caixón das cantigas") incorpora unha opción para anexar unha imaxe predeseñada à cantiga aportada, e incluso a posibilidade de que o usuário achegue tamén unha imaxe própia.
Outra funcionalidade interesante é o display de cantigas "ao chou", un random de todas as cantigas recollidas na base de datos, que se actualiza cada pouco tempo coa idea de servir como promter à hora de cantar.