Xa precises crear dende cero toda a tua imaxe corporativa, ou queiras manter elementos preexistentes dando-lles un aspecto renovado, axudamos-che coa escolla da tua imaxe e asesoramos-che sobre cuestións coma o nome ou os taglines a empregar.
Ademais, podemos elaborar para ti un completo manual de marca corporativa con explicacións detalladas para as aplicacións para que o teu logo sempre luza perfecto.
Deseñamos as tuas tarxetas de visita, sobres, modelos para facturas e orzamentos, recibos, cartas, ou calquer soporte impreso que vaias precisar.
Tamén prepararemos a imaxe creada para a sua reprodución en diferentes soportes, incluídas camisolas e roupa de empresa personalizada.
Somos expertos na maquetación de libros e na edición de partiturado musical: encarga-nos o teu manual, libro-CD ou libro clásico; encargaremo-nos de todo, desde a recepción de orixinais à xestión de códigos ISBN e o servizo de impresión.
Maquetamos todo o material gráfico que precises para a publicación do teu CD musical: portada, carátulas, galleta e libreto.
Xestionamos os códigos ISRC para os teus temas, e podemos facer-nos cargo do envio do máster a fábrica. Consulta a sección de estudo de gravación para máis información.