estudo gravación

Solucións integrais para pequena e mediana empresa

En que te podemos axudar:
TRABALLOS MUSICAIS
  • Dispoñemos dun estudo con cabina de gravación que poderás utilizar para a gravación de maquetas musicais, ou mesmo traballos completos.
  • Mediante o selo ZULO Records podemos, ademais, xestionar todo o necesario dende a produción da gravación à maquetación gráfica, pasando polo encargo dos soportes finais e a xestión de códigos ISRC para os teus temas.
LOCUCIÓNS E CUÑAS PUBLICITARIAS
  • Se o que precisas é unicamente a gravación dunha locución (para a inserción nalgún outro traballo como podcasts ou traballos de video), o estudo de gravación de Tentatoura pode ofrecer todo o que precises: desde a redacción mesma da locución à contratación dun/ha locutor/a que poña voz ao teu traballo.
  • Tamén, se o precisas, podemos producir cuñas publicitarias listas para seren emitidas na radio, incluíndo a selección musical e de efectos que sexan necesarios. Mesmo, se queres, podemos compoñer e gravar temas musicais exclusivos dos que logo terás todos os dereitos de uso
RESTAURACIÓN SONORA
  • Podemos tamén dixitalizar e restaurar gravacións en soportes analóxicos: discos de pedra, cassette, cinta magnetofónica... Consulta-nos en cada caso: se non o temos, conseguimo-lo!
  • Ademais dos soportes sonoros, podemos dixitalizar as tuas gravacións de imaxe desde Super-8 (captura ou telecinado), S8 video, Betamax, VHS... Rescata esas xoias familiares!