Marketing dixital

Solucións integrais para pequena e mediana empresa

En que te podemos axudar:
CAMPAÑA PUBLICITARIA
  • Deseñamos e poñemos en marcha campañas publicitarias adaptadas ás túas necesidades (promocións de tempada, de apertura, de produto...)
  • Xunto co departamento de deseño gráfico, maquetaremos todos os soportes publicitarios que vaias precisar en formato físico (xbanners, lonas, cartelaría, etc.)
CAMPAÑA ON-LINE
  • Xunto co deseño da campaña, recibirás tamén as adaptacións para a promoción en redes sociais, e podemos mesmo crear seccións no teu sitio web (co servizo de COPY empresa: encargámonos tamén da redacción e publicación dos contidos).
  • Asesorámoste en cuestións como a frecuencia de publicación, a creación e mantemento dos diferentes perfís en redes, prazos e mecanismos de promoción, etc.
  • Se inda non o tes, podemos implementar no teu sitio web un servizo de mailing para a distribución de campañas condicionais, específicas para os teus clientes
MERCHANDISING
  • Como parte do marketing do teu proxecto, deseñamos e elaboramos merchandising para que poidas dar a coñecer a túa marca.
  • Camisolas personalizadas, gorras, canecos, bolígrafos, chaveiros... calquera cousa que se che ocorra!
Formación
  • Ademais do asesoramento on-line e telefónico, podémosche ofrecer sesións formativas para que ti e a túa equipa poidades aprender a manexar os novos recursos que implementedes no proxecto