Deseño gráfico

Solucións integrais para pequena e mediana empresa

Algo disto...

Imaxe corporativa
Deseñamos a proposta básica de imaxe corporativa para o teu proxecto, ou facemos a revisión e actualización dun dseño preexistente: en todo caso, manteremos comunicación directa contigo para adaptar o deseño aos teus gustos e necesidades
Manual de marca
Elaboramos o manual de utilización da túa marca, para que sempre teñas clara a maneira de aplicar os teus logotipos, tipografías e cores en calquer situación.
Papelaría corporativa
Maquetamos todos os formatos que vaias empregar: tarxetas de visita, sobres, modelos de factura e orzamento, alvaráns, cartas, ou calquer outro soporte impreso que vaias precisar.
Campaña publicitaria
Maquetaremos tamén unha campaña publicitaria básica inicial coa que poidas dar a coñecer o teu proxecto: un deseño en proporción DIN adaptábel a flyers ou cartaces.
Redes sociais
Recibirás todos os arquivos dixitais nos formatos e tamaños óptimos para cada rede social (imaxes de perfil, framework de imaxes para publicacións, imaxes de cabeceiro para eventos... todo canto precises!

...e algo daquilo

Redes sociais
Recibirás todos os arquivos dixitais nos formatos e tamaños óptimos para cada rede social (imaxes de perfil, framework de imaxes para publicacións, imaxes de cabeceiro para eventos... todo canto precises!
Soporte web
  • Analizaremos contigo primeiramente as características do proxecto para bocetar o esquema máis axeitado para o teu sitio web.
  • Xestionamos o aloxamento e dominio web, e todo o necesario para a publicación do sitio nun tempo récord.
  • Inclúe a instalación dun servizo de mailing e soporte para marketing dixital, así como o mantemento web durante un período de 3 meses, tra-los cales poderás recontratar este servizo connosco.
COPY empresa
Durante os 3 meses de mantemento web incluídos no pack, ofrecémosche tamén o servizo de COPY (redacción de contidos para a túa web, redes sociais e comunicacións da túa empresa).

queres máis información?

Podes consultar os prezos dos packs e outros produtos:
Ou directamente chama ao+34 608 291 022 /+34 620 632 874