Pack TOURA

Solucións integrais para pequena e mediana empresa

Dende o mais básico
Imaxe corporativa
Deseñamos a imaxe corporativa para o teu proxecto, incluíndo até 3 propostas para escoller: gusta-nos manter comunicación directa contigo para adaptar o deseño aos teus gustos e necesidades
Manual de marca
Elaboramos o manual de utilización da túa marca, para que sempre teñas clara a maneira de aplicar os teus logotipos, tipografías e cores en calquer situación.
Papelaría corporativa
Maquetamos todos os formatos que vaias empregar: tarxetas de visita, sobres, modelos de factura e orzamento, alvaráns, cartas, ou calquer outro soporte impreso que vaias precisar.
Campaña publicitaria
Maquetaremos tamén unha campaña publicitaria básica inicial coa que poidas dar a coñecer o teu proxecto: un deseño en proporción DIN adaptábel a flyers ou cartaces.
Redes sociais
Recibirás todos os arquivos dixitais nos formatos e tamaños óptimos para cada rede social (imaxes de perfil, framework de imaxes para publicacións, imaxes de cabeceiro para eventos... todo canto precises!
...AO MÁIS COMPLETO
Soportes publicitarios
O pack tamén inclúe o deseño doutros formatos habituais en campañas publicitarias, como roll-ups, xbanners ou paneis de tamaño personalizado
Tenda online
  • Analizaremos contigo primeiramente as características do proxecto para bocetar o esquema máis axeitado para o teu sitio web.
  • Xestionamos o aloxamento e dominio web, e todo o necesario para a implementación da tenda online coas pasarelas de pagamento.
  • Inclúe a instalación dun servizo de mailing e soporte para marketing dixital, así como o mantemento web durante un período de 3 meses, tra-los cales poderás recontratar este servizo connosco.
COPY empresa
Durante os 3 meses de mantemento web incluídos no pack, ofrecémosche tamén o servizo de COPY (redacción de contidos para a túa web, redes sociais e comunicacións da túa empresa).

queres máis información?

Podes consultar os prezos dos packs e outros produtos:
Ou directamente chama ao+34 608 291 022 /+34 620 632 874