eidos tentatoura

Proxecto louco e pouco convencional?

Estás no lugar axeitado!

Encantados de te atender e de poder aportar as nosas ideas ao teu proxecto, dun xeito dinámico e sinxelo.
Servizos

packs tentatoura

Consulta tarifas e servizos sen compromiso!

Solucións integrais para os teus proxectos

Os packs de servizos tentatoura están pensados para cubrir diferentes niveis de necesidades para o teu proxecto: desde o redeseño e actualización dunha marca preexistente à creación de toda unha nova idea visual. Temos packs con prezos especiais que inclúen desde o deseño de papelaría corporativa à implementación de soporte web para venda online, landing pages máis sinxelas e resultonas ou simplemente a creación de formatos para redes sociais. Se ningún dos packs encaixa exactamente coas túas necesidades, non dubides en facer-nos unha consulta: estaremos encantadas de te atender!.

Pack Toura

Imos con todo!

O pack axeitado para pór en marcha o teu negocio online, incluíndo o estudo e deseño da túa marca corporativa e a maquetación para todas as túas campañas publicitarias, en soporte físico ou dixital. Co teu propio portal web con tenda online onde ofrecer e amosar os teus produtos.

Pack Becerriña

Pacendo no prado...

Ha de ser toura, co tempo, mais inda ha de vir... As mesmas prestacións que o pack Toura mais deixando a tenda online para unha posíbel segunda etapa do teu negocio.

Pack Rabaño

Pack básico para unha posta en marcha preliminar, facer unha primeira adaptación da túa empresa ao mundo dixital, ou simplemente facer unha revisión e actualización da túa marca. Xenial para PEMEs e proxectos de personal branding.