Deseñamos a imaxe corporativa para o teu proxecto, incluíndo até 3 propostas para escoller: gusta-nos manter comunicación directa contigo para adaptar o deseño aos teus gustos e necesidades
Elaboramos o manual de utilización da túa marca, para que sempre teñas clara a maneira de aplicar os teus logotipos, tipografías e cores en calquer situación.
Maquetamos todos os formatos que vaias empregar: tarxetas de visita, sobres, modelos de factura e orzamento, alvaráns, cartas, ou calquer outro soporte impreso que vaias precisar.
Maquetaremos tamén unha campaña publicitaria básica inicial coa que poidas dar a coñecer o teu proxecto: un deseño en proporción DIN adaptábel a flyers ou cartaces.
Recibirás todos os arquivos dixitais nos formatos e tamaños óptimos para cada rede social (imaxes de perfil, framework de imaxes para publicacións, imaxes de cabeceiro para eventos... todo canto precises!
Analizaremos contigo primeiramente as características do proxecto para bocetar o esquema máis axeitado para o teu sitio web.
Xestionamos o aloxamento e dominio web, e todo o necesario para a implementación da tenda online coas pasarelas de pagamento.
Inclúe a instalación dun servizo de mailing e soporte para marketing dixital, así como o mantemento web durante un período de 3 meses, tra-los cales poderás recontratar este servizo connosco.
Durante os 3 meses de mantemento web incluídos no pack, ofrecémosche tamén o servizo de COPY (redacción de contidos para a túa web, redes sociais e comunicacións da túa empresa).
queres máis información?
Podes consultar os prezos dos packs e outros produtos: