Unha páxina web básica "de chegada", que axude a converter os teus visitantes e seguidores en clientes finais. Nesta páxina amosan-se produtos estrela do teu proxecto -aqueles que queiras destacar- xunto cunha sección de contacto onde a/o usuaria/o pode solicitar-che máis información para favorecer futuras ventas.
O teu sitio é o escaparate virtual do teu proxecto, a tua xanela ao mundo na que amosar os teus produtos e servizos, mais tamén a filosofia e idiosincrasia do teu proxecto.
Podemos elaborar para ti un completo portal, con servizo de mailing para manter contacto cos teus clientes e fidelizá-los, e todos os plug-ins de xestión que vaias precisar.
Xestionamos o aloxamento e dominio do teu portal, para que non te teñas que preocupar de máis nada.
Temos unha liña de formación para aqueles emprendedores ou empresas que precisan formar os seus traballadores. Dende tentatoura poñemos a vosa disposición a nosa experiencia e implicación polo que aseguramoste que conseguiras autonimia e eficiencia.
Podes solicitar-nos calquer outro servizo que teña que ver con recursos dixitais, como por exemplo:
Dixitalización de documentos: Imaxes, texto ou partiturado musical; calquer que sexa o soporte orixinal.
Dixitalización de audio analóxico: Entrevistas ou gravacións de calquer tipo en cassette analóxico? Dixitalizamo-las para ti, no formato de audio que precises.
Dixitalización de video analóxico: Incluindo captura ou telecinado de filme Super-8. Consulta-nos!
COPY. Servizo de creación de biografias e textos comerciais.